A paisaxe, na ordenación do territorio e na xestión ambiental, require dunha visión multidisciplinar cun enfoque holístico para poder aplicar criterios e medidas que garantan unha correcta integración das actuacións na paisaxe.
Servizos:
Estudio e análise dos principios xerais, estratexias e directrices da paisaxe para a adopción de medidas específicas con vistas á protección, xestión e ordenación da paisaxe. Poñendo especial interese os Sistemas de Información Xeográfica como ferramentas fundamentais para os estudios de paisaxe.
Colaboración con urbanistas e arquitectos para lograr deseños sensibles ás características ecolóxicas e territoriais.
Integración en equipos para a conservación, restauración e xestión de paisaxes.
Estudo de impacto e integración paisaxística (EIIP) do ámbito dende as dúas dimensións da paisaxe: a paisaxe total ou global (síntese dos procesos) e a paisaxe visual (estética).
Análise de recursos paisaxísticos dun territorio, dos compoñentes e elementos paisaxísticos de interese, estudios de calidade e fraxilidade paisaxística, estudios de intervisibilidade.
Desenvolvemento e implementación de medidas: de integración e mitigación paisaxística, de conservación e protección da paisaxe.
Asesoramiento na planificación aplicando de técnicas de ecoloxía da paisaxe.